Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-238.11/2
Clasificación Genérica Numismática; Obxectos de actividades económicas
Objeto/Documento Moeda
Nombre Específico Oitavo
Emisor/a Felipe III de España
Materia/Soporte Billón
Técnica Cuñaxe mecánica
Dimensiones Moeda: Peso = 1,26 gr; Módulo = 16 mm
Características Técnicas Posición de cuños: 12 h
Descripción Anverso: + PHILIPPVS · III · D · G ·
Castelo de tres torres. Á dereita a marca de valor: II; e á esquerda a marca da ceca, o acueduto (marca de ceca). Ó redor a lenda entre grafila de puntos.
Reverso: HISPANARIVM · REX · 1604
León rampante á esquerda. Ó redor a lenda entre liña continua e grafila de puntos.

Os primeiros anos de Filipe III foron de continuísmo ata 1602, cuñándose, en especial no enxeño de Segovia, moedas coas mesmas características que as últimas de Filipe II. Pero a partir da norma de 13 de xuño de 1602 a moeda de billón fabricarase en cobre puro, sen cantidade ningunha de prata, e cun peso reducido practicamente á metade respecto ás emisións anteriores; tamén se cambiaría a lenda, e a moi escasa nova peza de 1 marabedí abandonaría o tipo de castelos e leóns para volver ó das brancas do reinado anterior, é dicir, o monograma do nome do rei e o castelo. A principal peza de billón desde este momento será a do valor de 8 marabedís, cunha tipoloxía que será moi similar á do antigo cuartillo de Filipe II, é dicir, o castelo e o león aparecerán enmarcados dentro dun escudo rematado con coroa real cerrada.
Datación 1604
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Segovia (Castela e León, España) [ceca: Enxeño de Segovia ]
Uso/función Unidade de conta, medida de valor e medio de pagamento
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Azabachería, 29
Bibliografía CALICÓ, Ferrán; CALICÓ, Xavier; TRIGO, Joaquín. Las monedas españolas desde Fernando e Isabel a Juan Carlos I. Años: 1474 a 1998. Barcelona (m): 1998.

FRANCISCO OLMOS, José María de; NOVOA PORTELA, Feliciano. Catálogo de numismática do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2009. pp. 178-179, nº 250.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Control
Fecha de Ingreso 29/10/1996
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6